A ministra de Educación de Estonia, Kristina Kallas, anunciou que se está a valorar a introdución dunha taxa para realizar o exame estatal de estoniano co fin de conseguir a cidadanía. Ademais, a ministra desvelou que as persoas especialistas que cheguen ao país estarán exentas de demostrar coñecementos da lingua vernácula durante un período de cinco anos.
Fonte: ERR
Sección:



