A Asemblea Nacional francesa aprobou o proxecto de lei constitucional que outorga un estatuto de autonomía a Córsega dentro da República Francesa. A reforma recoñece determinadas singularidades da illa, entre elas a súa lingua, cultura e economía, como fundamento do novo marco autonómico. Con todo, o texto non contempla a oficialidade do corso nin garante o traspaso de competencias educativas, polo que o recoñecemento da lingua fica reducido, polo momento, a un carácter principalmente simbólico.
Fonte: Diari de la Llengua
Sección:



