A localidade de Bovey Tracey, no condado inglés de Devon, puxo en marcha o Deaf Café, un espazo de encontro para persoas xordas e ouvintes no que practicar a lingua de signos británica (BSL) e favorecer a inclusión. A iniciativa, impulsada polo mozo Bradley Oliver, busca reducir o illamento social nas zonas rurais, promover a aprendizaxe da lingua de signos e crear un punto de encontro para compartir experiencias.
Fonte: BBC
Sección:



