Representantes do municipio da cidade estadounidense de Worcester, no Estado de Massachusetts, e das escolas públicas da localidade están traballando conxuntamente para poder ofrecer lingua portuguesa no ensino. A comunidade brasileira é a segunda máis importante da cidade e o portugués é o terceiro idioma máis falado en todo o estado.
Fonte: Brazilian Times
Sección:



