A Xunta de Galicia porá en marcha de cara a 2025 un plan para impulsar o uso do galego en distintos ámbitos da poboación e en todos os contextos da sociedade. Así o anunciou no Parlamento de Galicia o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na súa resposta a unha interpelación relacionada co seu departamento na que salientou que “a política lingüística impulsada pola Administración autonómica ao longo dos últimos anos permite que Galicia teña hoxe un modelo cordial e integrador no que non existen conflitos”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



