Novas

Malpica acollerá un proxecto piloto de galego para facilitar a integración de persoas migrantes
05 de xuño de 2026

Malpica acollerá un proxecto piloto de galego para facilitar a integración de persoas migrantes

A Deputación da Coruña presentou en Malpica un proxecto piloto de dinamización lingüística que ofrece un curso de cultura e lingua galegas a persoas migrantes sen coñecementos previos do idioma, co obxectivo de facilitar a súa integración social e laboral. O programa conta cunha participación inicial de máis de cincuenta persoas, principalmente que traballan no sector do mar, e está coordinado pola Fundación Vía Galego. As clases, adaptadas aos horarios laborais, impartiranse durante sete meses, cun enfoque práctico, oral e seguro, utilizando terminoloxía específica segundo o perfil de cada grupo e fomentando a confianza na comunicación.

Fonte: Deputación da Coruña

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder