A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, reuniuse co viceconselleiro de Educación da Junta de Andalucía, Sebastián Cano, para abordar a posibilidade de implantar o estudo do galego nas escolas oficiais de idiomas desa comunidade. A proposta da Xunta de Galicia consiste en establecer unha fórmula de colaboración para que a cidadanía asentada en Andalucía teña a posibilidade de aprender galego e de recibir a formación preparatoria para a obtención dos Certificados de Lingua Galega (Celga).
Fonte: Xunta de Galicia
Comunidade:
Sección:



