Andalucía

Un sitio web ofrecerá información turística en cinco linguas sobre o leste da provincia de Málaga

A Mancomunidade de localidades da Costa do Sol Oriental-Axarquía de Málaga anunciou o lanzamento do sitio web Auxarquia Tourism que incluirá información turística da zona en inglés, francés, alemán, italiano e español.

Fonte: SUR in English

Andalucía

Os centros educativos de Andalucía recibirán un vocabulario que recompila léxico andaluz

A Consellería de Desenvolvemento Educativo e Formación Profesional de Andalucía presentou a reedición do Vocabulario andaluz de Antonio Alcalá Venceslada, que se distribuirá nos centros educativos da comunidade. O obxectivo é achegarlle a fala andaluza ao alumnado e reivindicar e valorar a súa identidade e riqueza sen complexos.

Fonte: El Diario

Andalucía

A Universidade de Granada traballa nun atlas lingüístico para trazar un mapa da variación lingüística en 571 puntos de Andalucía

O Atlas Lingüístico Interactivo dos Acentos de Andalucía, iniciado en 2023, atópase na fase de análise e prevé completarse en decembro de 2026. Con 138 000 audios seleccionados de 571 puntos da comunidade, este proxecto, financiado pola Junta de Andalucía, permitirá explorar a diversidade lingüística andaluza mediante mapas dixitais e mostras de son.

Fonte: Universidad de Granada

Andalucía

A Universidade de Huelva lanza os seus cursos de linguas estranxeiras para o curso 2024-2025

O Servizo de Linguas Modernas (SLM) da Universidade de Huelva publicou a súa oferta de cursos 2024-2025 de linguas estranxeiras en dúas modalidades: presencial e en liña.

Fonte: Aula Magna

Andalucía

A Universidade de Cádiz crea un observatorio que analizará a variedade e a riqueza do español falado en Andalucía

O Observatorio de las Hablas Andaluzas é un proxecto no que traballarán varias universidades de Andalucía que servirá para divulgar e poñer en valor o español falado nesta comunidade, así como para desterrar estereotipos e tópicos.

Fonte: La Voz de Cádiz

Andalucía

Preséntase un proxecto para dar a coñecer en lingua de signos os municipios de Granada

A Agrupación de Persoas Xordas de Granada e Provincia (Asogra), en colaboración coa Deputación de Granada, desenvolveron un proxecto en lingua de signos para ofrecer información cultural e turística dos municipios da provincia para que esta se converta nun referente en materia de accesibilidade para as persoas deste colectivo. 

Fonte: Granada es Noticia

Andalucía

O portugués gaña presenza como segunda lingua estranxeira nos centros educativos andaluces

Grazas ao acordo entre a Junta de Andalucía e o Instituto Camões, os centros educativos de Infantil e Primara desta comunidade poderán ofertar, por primeira vez no seu currículo, a lingua portuguesa como materia optativa.

Fonte: El Trapezio

Andalucía

O proxecto Lingua e prensa da Universidade de Málaga permite acceder a unha hemeroteca lingüística virtual con máis de 22 000 novas

O proxecto Lingua e prensa, impulsado pola Universidade de Málaga en 2008 para recompilar noticias xornalísticas sobre as linguas de España, permite na actualidade acceder a unha hemeroteca lingüística virtual que conta con máis de 22 000 novas etiquetadas procedentes de diferentes medios de comunicación.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Andalucía

As universidades de Córdoba e Cádiz crean un glosario de termos vitivinícolas en diferentes idiomas no marco do proxecto WeinApp

No marco do proxecto WeinApp, liderado pola Universidade de Córdoba en colaboración coa Universidade de Cádiz, creouse un vocabulario vitivinícola con traducións dos termos en inglés, francés e alemán. O obxectivo desta aplicación móbil é que a linguaxe dos viños andaluces traspase as fronteiras idiomáticas.

Fonte: La Vanguardia

Andalucía

Proxéctanse dúas películas en lingua galega no Festival de Sevilla de Cine Europeo

O filme Longa Noite de Eloy Enciso estréase no 16º Festival de Sevilla de Cine Europeo na súa versión orixinal en galego, o mesmo que Arima de Jaione Camborda, que se proxectará dentro da sección "Las nuevas olas".

Fonte: Cultura Galega

Andalucía

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder