Andalucía

Os colexios de educación primaria de Andalucía poderán ofrecer a lingua de signos como materia de libre configuración

O Diario Oficial da Junta de Andalucía publica o decreto polo que os colexios de educación primaria da rexión poderán ofrecer a lingua de signos como materia de libre configuración.

Fonte: Discapnet

Andalucía

A Universidade de Huelva incrementará o número de materias impartidas en lingua estranxeira

O próximo curso académico 2015-2016 a Universidade de Huelva contará cun total de 300 créditos académicos que se impartirán en lingua estranxeira. Este incremento no número de materias impartidas en lingua estranxeira prevese que continúe ata acadar o 25 % do total.

Fonte: Huelva Ya

Andalucía

A provincia de Huelva contará con dous centros educativos bilingües máis o próximo curso

O próximo curso escolar, a provincia de Huelva contará cun total de 89 centros educativos bilingües, tras a incorporación de dous novos institutos de secundaria. De todos estes, a gran maioría imparte educación bilingüe en inglés, mentres que cinco o fan en francés.

Fonte: 20 minutos

Andalucía

Un programa da Junta de Andalucía ofrece sesións de adaptación lingüística a alumnado estranxeiro

O programa Aulas Temporais de Adaptación Lingüística da Junta de Andalucía acolle alumnado inmigrante con descoñecemento do español en 38 centros educativos da provincia de Xaén.

Fonte: Ideal

Andalucía

Rexístrase no Parlamento andaluz unha proposición non de lei que posibilite estudar as linguas cooficiais nos centros educativos

A proposición non de lei presentada polo grupo parlamentario de Ciudadanos propón que o alumnado andaluz de Primaria, Secundaria e Bacharelato poida estudar galego, éuscaro e catalán.

Fonte: Galicia Hoxe

Andalucía

Solicitan a creación de cátedras de catalán, galego e éuscaro nas universidades andaluzas

Ciudadanos (C's) insta a Junta de Andalucía a crear as cátedras de catalán, galego e éuscaro nos departamentos de Filoloxía de todas as universidades de Andalucía.

Fonte: 20minutos

Andalucía

Radio Andalucía Información premia un proxecto que analiza noticias sobre divulgación lingüística e linguas de España

Aula Abierta, un programa de Radio Andalucía Información (RTVA), galardoou un traballo de investigación da Universidade de Málaga no que se analizan as noticias que tratan sobre divulgación lingüística e sobre as linguas de España e as súas variedades.

Fonte: La Vanguardia

Andalucía

Investigadores da Universidade de Málaga deseñan un método para calcular a riqueza léxica individual

Segundo este método, que calcula a cantidade e a calidade do vocabulario dos falantes, as persoas con educación superior presentan maior riqueza léxica (un 40% máis) que as que teñen pouca formación ou carecen dela.

Fonte: Sinc

Andalucía

O Plan estratéxico de desenvolvemento das linguas de Andalucía estenderá a aprendizaxe de dous idiomas ata secundaria

Con este plan búscase estender gradualmente a aprendizaxe obrigatoria de dúas linguas estranxeiras ata a Educación Secundaria, así como mellorar a formación do profesorado e adiantar o estudo dun segundo idioma ao segundo ciclo de Educación Infantil.

Fonte: Ideal

Andalucía

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder