Andalucía
O PP propón autorizar o ensino do español como lingua estranxeira en escolas de idiomas da provincia de Almería
O Partido Popular defenderá no próximo período de sesións unha proposición non de Lei no Parlamento andaluz na que insta a Junta a autorizar as ensinanzas de español como "lingua estranxeira" nas escolas oficiais de idiomas da provincia de Almería situadas "nos municipios con maior número de residentes estranxeiros".
Fonte: Europa Press
Sancionan en Xaén a un transportista alavés con 4.601 euros por levar as datas do tacógrafo en éuscaro
A Garda Civil de Xaén denunciou o pasado mes de setembro a un transportista alavés, afiliado ao sindicato Hiru, por levar escritas as datas do disco-tacógrafo do seu vehículo en éuscaro, polo que se lle impuxo unha multa de 4.601 euros, segundo informou a citada central sindical.
Fonte: Europa Press
O Concello de Granada retira varios produtos alimenticios por falta de información en español na etiquetaxe
A Inspección de Saúde municipal do Concello de Granada decidiu retirar diversos produtos de alimentación para deportistas de distintos establecementos granadinos, no que supón unha intervención cautelar motivada por incumprimentos en materia de etiquetaxe ao non mostrar esta información obrigatoria en español.
Fonte: Granada en la Red
O número de alumnos que estuda árabe en Sevilla duplícase en sete anos
O árabe como lingua e cultura é a intención coa que se implantou o programa de Lingua Árabe e Cultura Marroquí hai sete anos en Sevilla. Desde aquela, o número de alumnos matriculados nesta materia, que se imparte como actividade extraescolar, duplicouse ata alcanzar os 88 estudantes.
Fonte: Diario de Sevilla
O portugués será lingua optativa en todos os colexios andaluces
O presidente da Junta de Andalucía, José Antonio Griñán, anuncioulle ao presidente da República de Portugal, Aníbal Cavaco Silva, que todos os centros educativos andaluces ofrecerán o portugués como lingua optativa nun prazo máximo de cinco anos.
Fonte: Diario de Sevilla
Os alumnos da Universidade de Almería poderán obter títulos con mención bilingüe
Os alumnos da Universidade de Almería teñen unha posibilidade, sempre voluntaria, de conseguir unha mención bilingüe para o seu título. Para logralo, será necesario cursar 120 créditos da carreira noutra lingua.
Fonte: Ideal
Alumnos da Universidade de Málaga traballan nun programa para traducir ao instante a lingua falada á de signos
Un grupo de alumnos de Enxeñería Informática da Universidade de Málaga (UMA) está a traballar na creación dun programa destinado a persoas con discapacidade auditiva comunicativa, que permita traducir ao instante a lingua falada á de signos e viceversa.
Fonte: 20 minutos
O portugués implantarase como segunda lingua estranxeira en seis institutos da provincia de Huelva neste curso
O portugués implantarase como segunda lingua estranxeira nun total de seis institutos públicos de educación secundaria da provincia onubense neste curso escolar 2010-2011, grazas a un programa posto en marcha pola Consellería de Educación da Junta de Andalucía.
Fonte: Europa Press
Máis de 1.200 auxiliares de conversación súmanse ás aulas bilingües andaluzas en outubro para apoiar o profesorado
Un total de 1.234 auxiliares de conversación nativos incorpórase a partir do 1 de outubro, e ata o 31 de maio de 2011, a algunhas das aulas dos 762 centros escolares andaluces que ofertan ensinanzas bilingües neste curso 2010-2011, ben en inglés, francés ou en alemán.
Fonte: Europa Press
Andalucía forma o seu persoal no uso da lingua de signos
A Consellería andaluza para a Igualdade e Benestar Social imparte un curso para formar no uso da lingua de signos a 15 empregados públicos adscritos a distintos servizos deste departamento, co obxectivo de proporcionar unha mellor atención ás persoas xordas.
Fonte: La Información
Boletín
Subscríbase ao boletín