Andalucía

A Universidade de Almería traduce boa parte da súa web ao chinés

Desde a Universidade de Almería estase facendo nos últimos anos unha aposta clara pola súa internacionalización e promoción a través das novas tecnoloxías. Por iso, unha das accións que levou a cabo a Universidade foi a tradución dunha gran parte da súa web a chinés.

Fonte: Teleprensa

Andalucía

A Universidade de Granada é a única andaluza que imparte catalán

A lingua e literatura catalá ensínase e apréndese na Universidade de Granada (UGR) cunha boa aceptación desde 1960/1961, antes incluso de que na Universidade de Barcelona estivese regulado.

Fonte: Ideal

Andalucía

Uns 120 colexios de Málaga imparten ensinanzas bilingües

A extensión do programa de bilingüismo na provincia de Málaga é máis ca evidente. Actualmente 124 centros docentes desenvolven este programa, dos que 12 se incorporaron este curso escolar.

Fonte: Málaga Hoy

Andalucía

A Junta de Andalucía oferta 9.000 bolsas para aprender idiomas no estranxeiro

A Junta de Andalucía oferta para este curso 2010-2011 un total de 9.000 prazas para a realización de estancias formativas e intercambios escolares no estranxeiro para mellorar a aprendizaxe de idiomas (inglés, francés e alemán) do alumnado andaluz de ESO, bacharelato e ciclos formativos.

Fonte: ABC

Andalucía

A Universidade de Granada amplía a súa oferta de linguas e afiánzase como referente en España

Algúns dos idiomas que se ensinan na Universidade de Granada son o neerlandés, o alemán, o ruso ou o hebreo clásico. Porén, o que a diferencia das demais é que é a única de Andalucía que ofrece a posibilidade de aprender catalán e galego. Ademais, a Universidade de Granada é a única universidade española na que se pode estudar árabe como primeira opción lingüística.

Fonte: El Ideal

Andalucía

A lingua de signos volve estar presente no Día de Andalucía

A retransmisión dos actos oficiais da xornada que celebra a identidade andaluza por parte de Canal Sur contou coa presenza dun grupo de intérpretes da Federación Andaluza de Asociacións de Persoas Xordas (FAAS) que fixeron que todos os contidos da xornada fosen accesibles ás persoas xordas

Fonte: Diario Signo

Andalucía

O candidato socialista de Almería comprométese a ofrecer intérpretes de lingua de signos para os servizos municipais

O candidato socialista á Alcaldía de Almería, Juan Carlos Usero, reuniuse cos representantes da Asociación Provincial de Persoas Xordas de Almería (ASOAL). User comprometeuse a ofrecer intérpretes de lingua de signos para a xestión de servizos municipais.

Fonte: Diario Signo

Andalucía

A ópera Hansel e Gretel será representada en lingua de signos española no Teatro da Maestranza

A Delegación de Educación de Sevilla e o Teatro da Maestranza coa colaboración de 18 centros educativos sevillanos estrearán este próximo 9 de abril no Teatro da Maestranza a ópera de Engelbert Humperdinck Hansel e Gretel.

Fonte: Diario Signo

Andalucía

O sindicato CCOO reclama a lei de lingua de signos de Andalucía

O sindicato provincial de ensino de CCOO de Córdoba esixiu a aprobación da lei de lingua de signos de Andalucía, cuxo anteproxecto se elaborou no 2009.

Fonte: Diario de Córdoba

Andalucía

Os estudantes chineses coñecerán a riqueza da lingua e a cultura españolas na Universidade de Cádiz

O reitor da Universidade de Cádiz, Diego Sales, e o máximo representante universitario da Universidade de Changzhou, SHI Guodong, asinaron un convenio de colaboración para acoller estudantes chineses na Universidade de Cádiz que estudarán a lingua e cultura españolas.

Fonte: Empresa Exterior

Andalucía

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder