Novas

A mostra «O videoxogo en galego» percorre centros de secundaria para mostrar a importancia desta industria para a dinamización da lingua galega
09 de outubro de 2025

A mostra «O videoxogo en galego» percorre centros de secundaria para mostrar a importancia desta industria para a dinamización da lingua galega

A exposición «O videoxogo en galego», impulsado por docentes da Universidade de Vigo, busca visibilizar os videoxogos desenvolvidos ou traducidos ao galego, así como promover a reflexión crítica sobre o papel da lingua na industria e contribuír á dinamización cultural e lingüística. A exposición itinerante percorrerá varios institutos, comezando no IES Politécnico de Vigo, e incluirá pezas expositivas tanto físicas como dixitais, obradoiros e actividades interactivas. O obxectivo da iniciativa é fomentar a creatividade cultural e tecnolóxica local e promover o uso do galego neste medio.

Fonte: Universidade de Vigo

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder