A Asociación de Medios de Información e Comunicación (AMIC) e Ràdio Arrels presentaron en Perpiñán Escat Mèdia, un proxecto europeo que crea unha redacción transfronteiriza para consolidar unha rede estable de medios de proximidade en catalán entre a Cataluña Norte e a demarcación de Xirona. Na súa primeira fase reúne dezaoito medios de comunicación e varios creadores de contidos co obxectivo de compartir información, coordinar coberturas e construír un relato común do espazo catalán transfronteirizo.
Fonte: Diari de la Llengua
Sección:



