O Concello da Baña recuperou o Servizo de Normalización Lingüística, que inicia unha nova etapa compartida co de Negreira para reforzar a presenza e o uso social do galego. Entre as actuacións previstas figuran medidas no ámbito administrativo, programas dirixidos á comunidade educativa e ás familias, así como iniciativas de transmisión da lingua desde a infancia.
Fonte: La Voz de Galicia
Sección:



