Ames abre do 2 ao 11 de setembro o prazo de inscrición nos obradoiros “En galego, co teu acento!”, destinados a facilitar o achegamento á lingua e á cultura galegas e a favorecer a integración social das persoas de fóra de Galicia. A iniciativa, gratuíta e de carácter práctico, desenvolverase en Bertamiráns e no Milladoiro, con 30 horas de formación en horario de mañá. As persoas participantes que completen o 90 % das sesións recibirán un diploma acreditativo.
Fonte: Concello de Ames
Sección:



