O Concello de Donostia pon en marcha Mintzaon, unha actividade gratuíta en liña destinada a menores de 8 a 14 anos para fomentar a oralidade en éuscaro fóra da escola. A proposta, que funcionará de outubro a maio, desenvólvese en grupos reducidos con acompañamento de persoas dinamizadoras e combina xogos, música e retos nun ambiente distendido. Tras os bos resultados das probas anteriores, o programa busca reforzar o uso do éuscaro tamén no ámbito dixital e introducir a lingua en fogares onde non se emprega habitualmente.
Fonte: Donostiako Udala
Comunidade:
Sección:



