O Concello de Pamplona convocou axudas por valor de 70.000 euros para apoiar a aprendizaxe e o perfeccionamento do éuscaro entre a veciñanza, con dúas modalidades segundo o período de realización dos cursos. As subvencións poderán cubrir até o 80 % do custo da matrícula e, se é o caso, da estadía en barnetegis, dentro duns límites fixados por persoa solicitante. A convocatoria abrangue distintas modalidades formativas, desde cursos intensivos até ensino en liña, e esixe, entre outros requisitos, estar empadroado na cidade e acreditar unha asistencia mínima.
Fonte: Iruñeko Udala
Comunidade:
Sección:



