Novas

O Concello de Pontevedra presenta as súas propostas para fomentar a socialización en galego entre a cativada
01 de abril de 2026

O Concello de Pontevedra presenta as súas propostas para fomentar a socialización en galego entre a cativada

A Concellería de Normalización Lingüística de Pontevedra presentou a programación de primavera do proxecto Apego, dirixida a familias con crianzas de até seis anos, co obxectivo de favorecer que o galego se incorpore con naturalidade aos espazos de afecto e lecer. A proposta, que supera as vinte actividades, desenvolverase entre abril e xuño arredor de dous eixes: un centrado nas artes, con sesións de música, danza, ioga e contacontos; e outro dedicado á mitoloxía galega, con obradoiros itinerantes nas parroquias. Ademais de ofrecer recursos ás familias, o programa procura crear ámbitos de encontro nos que a lingua actúe como vínculo compartido e ferramenta de socialización.

Fonte: Pontevedra Viva

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder