O Departamento de Lingua lanzou un novo vídeo da campaña «Ficha polo Galego!», no que Verónica Boquete reivindica a lingua propia como parte da identidade e do deporte. A futbolista subliña a importancia de escoitar referentes falaren galego e fai un chamamento a clubs, deportistas, arbitraxe, familias e afección a empregáreno con naturalidade. A adhesión faise ao cubrir un formulario na web municipal e pode reforzarse ao difundir a mensaxe en redes co cancelo #fichapologalego.
Sección:



