O Consello da Cultura Galega e Alingua asinaron un protocolo para desenvolver accións conxuntas de promoción e normalización do galego, desde actividades culturais ata investigación e elaboración de materiais divulgativos. Entre as primeiras actuacións figura un estudo sobre a oferta e a demanda de produtos, servizos e contidos en galego para a crianza. O proxecto partirá dun encontro con familias do programa Apego, que permitirá identificar necesidades e conectalas co tecido produtor e empresarial.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Sección:



