O réxime chinés intensifica a represión contra o tibetano ao prohibir o uso deste idioma na plataforma Douyin, a versión chinesa de TikTok. Segundo o Centro Tibetano para os Dereitos Humanos e a Democracia (TCHRD), esta medida, que se suma a outras restricións en plataformas dixitais, vulnera a Constitución chinesa e a lexislación autonómica, e aféctalle á vitalidade do tibetano na comunicación dixital.
Fonte: Diari de la Llengua
Sección:



