O Goberno de Gales asociouse coa empresa de intelixencia artificial Cosine para mellorar a capacidade das tecnoloxías de IA para comprender e procesar a lingua galesa. O Goberno achegará datos, recursos e coñecementos especializados ao modelo Lumen, co obxectivo de facilitar o uso do galés no día a día e reforzar a súa presenza no ámbito dixital.
Sección:



