Novas

O Ministerio de Cultura apoiará as actividades de promoción lingüística da Academia Aragonesa da Lingua
10 de maio de 2026

O Ministerio de Cultura apoiará as actividades de promoción lingüística da Academia Aragonesa da Lingua

O Ministerio de Cultura reforzará a promoción do catalán e do aragonés en Aragón cunha achega de 100.000 euros á Academia Aragonesa da Lingua, o dobre ca en 2025. A medida chega nun contexto de preocupación pola posible desprotección destas linguas por parte do Goberno aragonés, incluída a eventual supresión do Instituto Aragonés do Catalán. Cultura defende que a diversidade lingüística forma parte da riqueza cultural do Estado e que as linguas propias deben ser protexidas, promovidas e apoiadas con recursos públicos.

Fonte: Ministerio de Cultura

Comunidade: 
Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder