Novas

O programa «Modo Galego, actívao» consolídase grazas ao éxito desta cuarta convocatoria
04 de febreiro de 2026

O programa «Modo Galego, actívao» consolídase grazas ao éxito desta cuarta convocatoria

A cuarta edición de «Modo Galego, actívao!» reúne en Ames uns 2700 escolares e toda a rede de centros públicos para impulsaren o uso do galego no día a día mediante retos lúdicos ligados á contorna. O programa, promovido pola RAG e o Concello, combina investigación e acción para frear a perda de galegofalantes ao entrar no sistema educativo e deseñar medidas avaliables e replicables. A iniciativa implica profesorado, familias e educación non formal, e incorpora tamén ámbitos de socialización como comedores e escolas deportivas. Nesta convocatoria inclúese a participación no Proxecto Nós para doaren voces en galego e reforzaren a presenza da lingua no mundo dixital.

Fonte: Real Academia Galega

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder