Novas

O Proxecto Nós sitúa a Galicia no mapa da intelixencia artificial europea da man de Microsoft
06 de agosto de 2025

O Proxecto Nós sitúa a Galicia no mapa da intelixencia artificial europea da man de Microsoft

O Proxecto Nós, a iniciativa impulsada inicialmente pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais, entra nunha nova fase tras o anuncio feito pola compañía tecnolóxica Microsoft de colaborar con tres centros de investigación de referencia en España para o desenvolvemento de modelos de intelixencia artificial multilingüe. Así, un dos seleccionados é o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela que, xunto ao Instituto da Lingua Galega, impulsou o desenvolvemento do Proxecto Nós.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder