Novas

O próximo primeiro ministro belga afrontará o reto de aprender neerlandés, a lingua maioritaria do país
02 de decembro de 2011

O próximo primeiro ministro belga afrontará o reto de aprender neerlandés, a lingua maioritaria do país

Despois de máis de 530 días de negociacións políticas en Bélxica, o socialista Elio Di Rupo está a piques de liderar o Goberno belga. Malia que o país conta con bastantes problemas financeiros sen resolver, un dos maiores retos aos que se terá que enfrontar o futuro primeiro ministro non ten que ver coas cifras. Trátase de comunicar cunha gran parte dos belgas na súa propia lingua, o neerlandés, nesta nación dividida en dúas comunidades lingüísticas diferentes. Nun libro de entrevistas, prometeu que traballaría na mellora das súas competencias en neerlandés.

Fonte: The Washington Post

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder