Axuntar cualificou de éxito xudicial a decisión do Tribunal Supremo de admitir a trámite o recurso contra a sentenza que evitará entrar no fondo da disputa sobre a denominación da lingua do occidente asturiano. A entidade impugna o uso do termo “eonaviego”, que considera alleo á legalidade vixente e contrario ás formas “galego-asturiano” ou “galego”, e salienta que o alto tribunal entende que a controversia continúa aberta.
Fonte: Nós Diario
Comunidade:
Sección:



