Novas

O TSXG avala que a documentación dos centros educativos estea unicamente en galego
14 de marzo de 2025

O TSXG avala que a documentación dos centros educativos estea unicamente en galego

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeitou o recurso que reclamaba o uso do castelán en toda a documentación e rótulos do CEIP Cidade Vella da Coruña, ao considerar que a normativa avala o galego como lingua por defecto na educación. O tribunal recoñece o dereito das familias a recibir comunicacións en castelán se o solicitan, mais non a esixir que toda a documentación interna estea neste idioma. A sentenza conclúe que non se vulnerou a cooficialidade lingüística nin os dereitos do demandante.

Fonte: Faro de Vigo

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder