Novas

A plataforma Apunts de Llengua incorpora novos materias para mellorar a aprendizaxe do valenciano
18 de outubro de 2024

A plataforma Apunts de Llengua incorpora novos materias para mellorar a aprendizaxe do valenciano

A Consellería de Educación, Cultura, Universidades e Ocupación, en colaboración con À Punt Media, presentou novos materiais para a plataforma "Apunts de Llengua", dirixidos ao profesorado de diversas etapas educativas. Os contidos, dispoñibles en valenciano e inglés, facilitan o ensino e aprendizaxe a través de recursos dixitais, como vídeos, audios e actividades autocorrectivas. A iniciativa, financiada pola Generalitat, busca fomentar competencias lingüísticas e conta cunha dotación de 600 000 euros. A plataforma é de acceso aberto e ofrece ferramentas adaptadas aos diferentes niveis educativos e de competencia lingüística.

Fonte: Valencia Plaza

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder