O 38,4 % das linguas indíxenas en Iberoamérica están en risco crítico de desaparición debido ao racismo, a discriminación e a falta de protección e transmisión interxeracional. Ante isto, a Secretaría Xeral Iberoamericana lanza a campaña «Cada palabra conta: Preservamos o pasado, impulsamos o futuro» polo Día Mundial dos Pobos Indíxenas que se celebra o 9 de agosto. A campaña, mediante vídeos e infografías, promove a creación dun atlas de linguas indíxenas e un laboratorio para a súa revitalización.
Fonte: SEGIB
Sección:



