A Real Academia Española presentou en Madrid as novas ferramentas creadas no proxecto LEIA (Lingua Española e Intelixencia Artificial), destinado a protexer e potenciar o uso do español no ámbito dixital e da IA. A iniciativa, apoiada polo Ministerio para a Transformación Dixital, inclúe un observatorio de palabras, sistemas de verificación lingüística, un servizo de consultas e un mapa das variedades do español. Estas aplicacións, deseñadas con criterios de accesibilidade, xa se empregan internamente na RAE e estarán dispoñibles publicamente para a comunidade hispanofalante.
Fonte: Real Academia Española
Comunidade:
Sección:



