Madrid

O Congreso vota a lei que garante a atención nas linguas cooficiais por parte das grandes empresas

A Lei de Servizos de Atención á Clientela enfróntase á súa aprobación definitiva no Congreso. A norma recoñece o dereito das persoas consumidoras a seren atendidas nas linguas cooficiais e limita o tempo de espera telefónica a un máximo de tres minutos nas grandes empresas.

Fonte: Forbes

Madrid

Preséntanse as novas ferramentas lingüísticas elaboradas no marco do proxecto LEIA

A Real Academia Española presentou en Madrid as novas ferramentas creadas no proxecto LEIA (Lingua Española e Intelixencia Artificial), destinado a protexer e potenciar o uso do español no ámbito dixital e da IA. A iniciativa, apoiada polo Ministerio para a Transformación Dixital, inclúe un observatorio de palabras, sistemas de verificación lingüística, un servizo de consultas e un mapa das variedades do español. Estas aplicacións, deseñadas con criterios de accesibilidade, xa se empregan internamente na RAE e estarán dispoñibles publicamente para a comunidade hispanofalante.

Fonte: Real Academia Española

Madrid

Nova convocatoria dos cursos de lingua e cultura galegas na Casa de Galicia en Madrid

A Casa de Galicia en Madrid e a Secretaría Xeral da Lingua convocan unha nova edición dos cursos de Lingua e Cultura galegas. Como novidade, este curso 2025/2026 conta por primeira vez co curso de Lingua e Cultura galegas III. Este novo nivel atende a unha demanda real de formación e permite que os alumnos que superaron o segundo nivel na convocatoria anterior poidan continuar afondando no coñecemento da lingua e cultura galegas.

Fonte: O Portal da Lingua

Madrid

O BNG esixe que a nova ferramenta xudicial Atenea sexa operativa en galego desde o seu lanzamento en 2026

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou unha proposición non de lei para que a nova ferramenta xudicial Atenea sexa operativa en todas as linguas cooficiais de España desde o seu lanzamento en 2026. Rego subliñou que, segundo a Carta Europea das Linguas, España comprometeuse a garantir o uso das linguas oficiais na Administración de Xustiza.

Fonte: Europa press

Madrid

FITUR Lingua 2025 analizará a importancia do turismo idiomático como motor de desenvolvemento cultural, educativo e económico

FITUR Lingua celebrará o 22 de xaneiro unha xornada dedicada ao turismo idiomático, na que se destacará o idioma como recurso turístico e motor cultural, educativo e económico. O evento incluirá relatorios e mesas de debate sobre retos, políticas públicas e casos de éxito. Tamén ofrecerá unha área de networking para promover sinerxías no sector lingüístico.

Fonte: Ifema

Madrid

O ministro de Asuntos Exteriores fixa como obxectivo para 2025 lograr que as linguas cooficiais de España sexan oficiais na UE

O ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, anunciou que para 2025 pretende conseguir que o catalán, o galego e o éuscaro sexan recoñecidos como linguas oficiais na Unión Europea, reforzando así a diversidade lingüística e cultural de España no ámbito comunitario.

Fonte: TeleMadrid

Madrid

A axencia We are Family lanza unha campaña para reducir a fenda lingüística xeracioinal

A campaña impulsada por We are Family en Madrid busca concienciar sobre a “fenda lingüística” entre xeracións e destacar a rápida evolución da linguaxe. Cunha forte acollida na rúa e en redes sociais, a iniciativa chama á reflexión sobre a necesidade de comprender as novas formas de comunicación e, sobre como, o idioma pode adaptarse e servir como ponte para conectar xeracións.

Fonte: EFE Comunica

Madrid

A Comunidade de Madrid incorpora 19 linguas máis ao sistema de tradución simultánea dos centros de saúde

O Servizo Madrileño de Saúde (SERMAS) ampliou o seu servizo de interpretación a 65 idiomas, incluíndo novas linguas como amhárico, bangla ou vietnamita. Este servizo, dispoñible en consultas presenciais e puntos de atención continuada, facilita a comunicación entre médicos e pacientes e mellora a comprensión de diagnósticos e tratamentos. Tamén permite a tradución de informes clínicos e documentos sanitarios, o que garante unha atención integral e accesible para persoas de diversas orixes lingüísticas.

Fonte: Comunidad de Madrid

Madrid

O Congreso aproba a lei que permitirá as linguas cooficiais no Supremo ou na Audiencia Nacional

O pleno do Congreso dos Deputados aprobou sen ningún voto en contra a Lei Orgánica que permitirá que se poidan empregar as linguas cooficiais nos tribunais, incluído o Supremo e a Audiencia Nacional.

Fonte: Valencia Plaza

Madrid

A Casa de Galicia en Madrid acolle cursos de lingua e cultura galega

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no acto de inauguración da II edición dos cursos de lingua e cultura galega que organizan a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral de Presidencia en colaboración coa Casa de Galicia, e que consta de 70 horas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Madrid

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder