A Fundación Florencio Delgado Gurriarán presenta unha plataforma en liña para recoller o léxico propio de Valdeorras grazas á participación da veciñanza e coa coordinación da súa comisión de lingua. A iniciativa busca crear un dicionario da fala da comarca para o que se organizarán eventos e colaboracións con centros educativos e especialistas en cultura local para a recollida de léxico.
Fonte: Culturagalega
Sección:



