Novas

Rexeitan a proposta dunha comunidade local de Gales de prohibir a compra de vivenda a persoas que non falen galés
01 de xaneiro de 2026

Rexeitan a proposta dunha comunidade local de Gales de prohibir a compra de vivenda a persoas que non falen galés

A proposta do consello comunitario de Botwnnog, en Gales, para impedir que persoas non falantes de galés accedesen á compra de vivendas foi rexeitada por considerarse contraria á lexislación vixente. A iniciativa xurdiu da preocupación polo retroceso da lingua propia en zonas onde a presión inmobiliaria favorece a chegada de poboación allea con maior poder adquisitivo. Porén, as autoridades concluíron que non se demostrou un impacto significativo sobre o galés e priorizaron a necesidade urxente de vivenda.

Fonte: Diari de la Llengua

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder