A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) organiza tres encontros nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para analizar o presente e o futuro dos medios de comunicación en galego. As xornadas desenvolveranse os días 14, 15 e 19 de outubro e abordarán a historia do xornalismo galego, a súa contribución á normalización lingüística, o papel das mulleres nos medios e os desafíos da intelixencia artificial.
Fonte: Xornal de Lugo
Sección:



