Novas

Un centro de ensino do Courel recibe un premio da Xunta polo seu proxecto de recuperación do léxico tradicional
28 de maio de 2026

Un centro de ensino do Courel recibe un premio da Xunta polo seu proxecto de recuperación do léxico tradicional

O colexio Poeta Uxío Novoneyra, de Folgoso do Courel, recibiu a cualificación de «excelente» polo proxecto «Palabra no tempo», centrado na recuperación do léxico tradicional da serra. O recoñecemento inclúe unha achega de 2000 euros, certificación para o profesorado e difusión institucional. A iniciativa permitiu recompilar 370 palabras e expresións da comarca, algunhas delas ameazadas pola perda de transmisión xeracional, e deu lugar a materiais didácticos e a un dicionario patrimonial.

Fonte: La Voz de Galicia

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder