Un total de 22 estudantes procedentes de varios países participan estes días nun curso intensivo de éuscaro e cultura vasca no barnetegi Aurten Bai de Amorebieta-Etxano. A estancia, que se prolongará ata o 14 de agosto, permite ao alumnado reforzar os coñecementos adquiridos nas universidades onde estuda e practicar a lingua nun contexto de inmersión. En total, 38 estudantes participan este verán no programa impulsado por Etxepare Euskal Institutua.
Fonte: Etxepare Euskal Institutua
Comunidade:
Sección:



