Novas

Un informe analiza a divulgación científica en galego nas redes sociais
13 de maio de 2026

Un informe analiza a divulgación científica en galego nas redes sociais

O Consello da Cultura Galega presentou un informe sobre a divulgación científica en galego nas redes sociais que alerta da perda de visibilidade destes contidos nun ecosistema dixital cada vez máis esixente. O documento, coordinado por Manuel Vicente e Iolanda Casal, propón quince medidas para reforzar equipos, mellorar condicións laborais, apoiar novos perfís divulgadores e crear liñas específicas de financiamento. Tamén reclama máis presenza do galego nas plataformas, nos medios públicos e nos proxectos institucionais, ao tempo que destaca exemplos que demostran a capacidade da lingua para comunicar ciencia con rigor e identidade propia.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder