A publicación Language Learning Later in Life recolle investigacións que demostran que a aprendizaxe de linguas en idades avanzadas non só é posible, senón tamén beneficiosa para o desenvolvemento persoal e o benestar. A obra analiza experiencias de persoas maiores en distintos contextos de aprendizaxe e desmonta a idea de que aprender idiomas é unha actividade reservada á mocidade. Os estudos recollidos destacan que o aprendizaxe de linguas contribúe a mellorar as capacidades cognitivas, favorece a socialización e promove o benestar emocional.
Fonte: Luton Today
Sección:



