A Universidade de Vigo impulsa un proxecto de innovación docente que adapta O lobo da xente de Vicente Risco para mellorar a competencia comunicativa en galego do futuro profesorado. A iniciativa combina lectura graduada e dramatización oral mediante a metodoloxía TPRS (Total Physical Response through Storytelling), co obxectivo de reforzar a aprendizaxe lingüística, achegar a literatura galega á aula e fomentar a seguridade no uso da lingua.
Fonte: Universidade de Vigo
Sección:



