Novas

Un total de 246 novos termos entra no dicionario catalán do deporte co obxectivo de normalizar os seu uso neste ámbito
26 de marzo de 2026

Un total de 246 novos termos entra no dicionario catalán do deporte co obxectivo de normalizar os seu uso neste ámbito

O Termcat incorporou 246 novos termos ao Diccionari general de l’esport, que roza xa as 12 000 entradas, nunha nova aposta da Generalitat por reforzar a normalización do catalán no ámbito deportivo. A actualización acompáñase doutros recursos dixitais, como unha infografía sobre material de ximnasio e un xogo interactivo de vocabulario do baloncesto, ademais de obradoiros de sensibilización lingüística para profesionais do deporte. Entre as medidas destacadas figura tamén a recuperación das retransmisións da ACB en catalán en TV3 e 3Cat, xunto coa publicación de materiais audiovisuais e cánticos para fomentar o uso da lingua tanto nos adestramentos como nas bancadas.

Fonte: Diari de la Llengua

Comunidade: 
Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder