Unha iniciativa lexislativa presentada por representantes republicanos en Pensilvania, EUA, pretende esixir que as persoas solicitantes do permiso de condución acrediten un nivel suficiente de inglés mediante unha proba específica. A proposta tamén eliminaría os manuais e exames teóricos en linguas distintas do inglés, establecendo esta lingua como a única válida no proceso.
Fonte: North Penn Now
Sección:



