Unha investigación realizada en Namibia conclúe que o alumnado aprende inglés con máis facilidade cando o ensino incorpora tamén a súa lingua materna. O estudo sinala que o uso combinado de ambas as linguas mellora a comprensión, reforza a participación na aula e favorece unha aprendizaxe máis eficaz, especialmente nos primeiros anos de escolarización.
Fonte: The Conversation



