Máis dunha decena de universidades da China suspenderon os estudos de lingua portuguesa nos últimos tres anos. Segundo o Instituto Portugués do Oriente (IPOR), a oferta chegou a alcanzar entre 55 e 60 universidades, mentres que actualmente son 39 no territorio continental e cinco en Macau. O descenso prodúcese nun contexto de estancamento do ensino de linguas e de crecente interese polas carreiras de ciencia, tecnoloxía ou enxeñaría e pola incidencia da intelixencia artificial.
Fonte: RTP
Sección:



