A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abriron a votación popular para escoller a Palabra do Ano 2024. Os vocábulos finalistas son aparvar(se), cantareira, dina, emerxencia climática, fala e meu que reflicten temas de actualidade, como o impacto das redes sociais, a crise climática ou a riqueza do galego como lingua oral. A votación estará dispoñible ata o 25 de decembro no Portal das Palabras.
Fonte: Real Academia Galega
Sección:



