Os conselleiros en funcións de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e do Medio Rural, José González, xunto co presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, participaron na homenaxe que a XII Festa da Palabra lle rendeu á Xeración Nós coincidindo co seu centenario. Trátase dun acto que tivo lugar na Insua dos Poetas, na localidade ourensá do Carballiño.
Fonte: Xunta de Galicia
Sección:



