O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a resolución das axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios mediante a cal a Xunta de Galicia destina 200 000 € a colaborar con 15 proxectos. O obxectivo desta convocatoria, dirixida ás empresas do sector editorial, é fomentar a elaboración e publicación de recursos didácticos curriculares en galego no ensino regrado, así como favorecer o tecido da industria editorial galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



