O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do proxecto «Divertímonos xogando coas nosas palabras», un xogo didáctico orientado ás primeiras etapas educativas co que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades reforzará a aprendizaxe da lectoescritura en lingua galega ao tempo que favorece a adquisición de vocabulario galego entre a cativada.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



