O secretario xeral da Lingua, Valentín García participou no Pazo de San Roque na presentación de Economía e poesía: Rimas internas, o primeiro ensaio escrito por Yolanda Castaño e co que acadou, o pasado decembro, o XXII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio convocado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia co apoio de Caixa Rural Galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



