O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron na presentación das máis de 40 actividades impulsadas pola Xunta de Galicia para celebrar en novembro o Mes da ciencia en galego na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia xestionadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, así como nas dos centros educativos. O obxectivo desta iniciativa, que se celebra de xeito consecutivo desde o ano 2014, é sensibilizar sobre o valor de empregar a lingua galega na divulgación científica.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



